jueves, 26 de abril de 2012

LXVI Autocross Arteixo

Medo durante toda a semana anterior a que a proba non se disputase, chuvia, chuvia, chuvia e máis chuvia. Pero finalmente a meteorología permitiu que se puidese realizar a proba. 22 de abril de 2012 no circuito Xosé Ramón Losada (Morás), con máis de 100 coches e entre eles a categoría 4x4, SEGUNDA PROBA DO CAMPEONATO GALEGO 2012.
Unha vez máis, deixámosvos aquí enlaces con fotos, vídeo e os tempos e resultados da carreira. ¡Ahí vamos!

FOTOS (por Laura Señarís)
VÍDEOS (por lombatrazo)
Debido a un accidente sufrido por Alfonso Seco Pena (Peugeot 106), tívose que parar a carreira e facer de novo outra salida, pois o piloto necesitou asistencia médica.
http://www.youtube.com/watch?v=gdZn4fIgsuw (final -1600, a definitiva)


RESULTADOS E TEMPOS DA CARREIRA
http://www.temposfga.eu/index.php?url=static://54 (obtidos da páxina http://temposfga.eu/)

E xa para rematar, e logo de dar a noraboa a todos os participantes e de felicitar ós nosos pilotos, Jose Rega, que pese a non coñecer o coche estivo a punto de conseguir chegar a final, sendo 43 os coches participantes na súa categoría. E tamén a Daniel Señarís "Danoni", o que por problemas nos entrenos non logrou facer máis de volta e media e aínda así, con pequenos accidentes no medio, pasou directo á final e acabou nun octavo posto. ¡Eso sí, estos días a darlle ó martillo, Dani! :)
Sodes uns artistas, chavales.

Deixámosvos xa ata a próxima, que en principio será o 5 de maio en Vilaño (Laracha).
Un saúdo a todos.

EQUIPO LESTÓN SPORT

No hay comentarios:

Publicar un comentario