viernes, 24 de junio de 2011

III Autocross Bergantiños (11.xuño.2011)

Moi boas de novo, amigos. Hoxe toca facer un breve resumo de como transcurriu a carreira de Carballo. Pese a algúns incidentes a primeira hora da mañá, e a ter que montar un coche boxes... Todo saíu ben, e deixamos máis que claro que temos un equipazo :)

Empecemos por categorías, como sempre.

-1600

Contouse tan só con 15 participantes. Estivo moi reñida a carreira en todo momento entre participantes como Angel Pérez, Alfonso Álvarez, Dany Castro, Marcos Molinos... E incluso houbo algún que outro volco de pilotos como Victoria Pose (Peugeot 106) e Jesús López (Citröen Visa). Problemas para Dany Castro nas semifinais, que non lle impediron alcanzar o pódium, que o completaron en primeira posición Ángel Pérez, seguido de Marcos Molinos, Alfonso Álvarez e Dany Castro.








+1600

Nesta categoría contouse con 15 participantes. Estivo marcada sempre polos mesmos pilotos en cabeza, pois tanto na semifinal como na final obtivéronse os 4 primeiros postos de maneira igual. Diferencia do primeiro e segundo clasificado (Manuel Caamaño e Marcos Lista) respecto ós seguintes (Mariano Suárez, Daniel Señarís e Rubén Bello). Acadaría a sexta posición o noso compañeiro e amigo, Miguel Cotelo logo de descalificar a Manuel Cores.







Kartcross

Foi esta, como sempre, a categoría con maior número de participantes. Neste caso, foron 24. Caras novas como Daniel Gorín, que deixou esta vez a categoría de -1600 para correr en mans dun kartcross. Unha categoría accidentada tamén, na que tivo que levou un forte golpe Javier Ramilo "Kobas". Finalmente, acadou a primeira posición Edu Mosquera, seguido de Javier Paz, Maikel Vilariño, Dani Vázquez e David Seoane.









OS NOSOS PILOTOS

Jose Rega:
Pese a que empezou a mañá con problemas, pois sufriu unha avería no Citröen AX, entre todos conseguimos poñerlle a punto o Citröen Saxo e puido saír tanto para a semifinal, como para a final. A pesar dos problemas e de todas as complicacións, foi unha imaxe para recordar, ver como máis de 10 persoas arredor do coche se organizaban para que puidera saír á pista. Nada socio, se salimos desta xa estamos preparado para todo :D E moita sorte para a próxima co teu querido AX jaja.







Daniel Señarís:
E por fin, despois de catro anos correndo, ¡SUBICHES Ó PÓDIUM! Parece que este ano a sorte empeza a sorrir de vez en cando :D Logramos nesta carreira un 6º posto nos entrenos, e 4º tanto na semifinal como na final. Moitas felicidades unha vez máis, e a seguir así CAMPEÓN.







E antes de deixar esto, como sempre, póñovos un enlace dun vídeo. Desta vez da cámara interior de Daniel Señarís "Danoni", durante os entrenamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=NbIxkvKkRWc

¡Ata a próxima amigos!

martes, 7 de junio de 2011

LXV Autocross Arteixo (28 de maio de 2011)

Aquí estamos de novo, compañeiros. Pois nada, uns días despois de disputar outra nova proba de autocross no circuito de Morás, vamos a expoñervos un pouco o sucedido.
Como sempre, farémolo por categorías e de forma ordenada.

-1600
Nos entrenos liderou o piloto de Bértoa coñecido como "O panas", Alfonso Álvarez Rives. Logrou un tempo de 58.524. Moi de certa, a menos de 1 seg. seguiuno o piloto de San Román, Gabriel Serrano. Tras eles Alfonso Seco, Daniel Gorín (que estrenaba un Citröen Saxo, logo do accidente que sufriu en Vilaño co seu AX), e Dany Castro.
Debido ó alto número de participantes, 34, disputáronse 3 semifinais. Na semifinal A victoria para Ángel Pérez, seguido de Alfonso Álvarez e Uxío Gómez. Unha semifinal moi desigual, xa que os dous primeiros clasificados lograron unha diferencia de máis de 15 segundos co resto de participantes. A semifinal B gañouna o noso compañeiro e amigo Dany Castro, seguido de Gabriel Serrano, os dous pilotos dun Peugeot 106. En terceiro lugar rematou Marcos Molinos seguido de Santiago Saborido. Abandono nesta semifinal de Rubén Gil (Corsa GSI). Por último, na semifinal C victoria para Isma García, seguido de Alfonso Seco e Óscar Bao.
Na final, destacar a gran carreira que estaba a facer o noso amigo Dany Castro, que logo de quedar 4º en entrenos e liderar a semifinal, atopábase rodando en 2º posición cando rompeu un palier. ¡Moita sorte e a seguir así, campeón!. Como ben dicía, liderou finalmente esta carreira Ángel Pérez, seguido, a unha diferencia de 6 segundos por Gabriel Serrano. En terceira posición remataría Óscar Bao seguido de Domingo González e Ismael García.








+1600
Nesta categoría contouse con 27 participantes. Nos entrenos liderou, como case sempre, Sergio Cancela. Seguido de Celestino Iglesias, Juan Guerra e Manuel Caamaño. Contáronse, nesta categoría, con dúas semifinais. Na semifinal A victoria para Sergio Cancela, seguido a máis de 2 segundos por Jhon A. López e Mario Ríos. Na semifinal B liderou Manuel Caamaño, seguido de Celestino Iglesias e Marcos Lista. Xa na final, victoria unha vez máis para Sergio Cancela, seguido de Celestino Iglesias, Manuel Caamaño, Marcos Lista e Samuel Bermúdez. Abandono de Carlos Morales e descalificado Mariano Suárez por adiantar a Miguel Cotelo Castro en bandeira amarela.








Kartcross
Como de costume, contouse cun gran número de inscritos. Neste caso, 36 participantes. Empecemos polos entrenos. Primeira posición para Eduardo Mosquera, seguido de José Novo e Joaquín Chamorro. Na semifinal A liderou Maikel Vilariño, seguido de Edu Mosquera e Joaquín Chamorro. Victoria na semifinal B para Iván Ares, seguido de Javier Paz e Juan M. González. E xa na semifinal C victoria para Santiago Ares, seguido de Pablo Sánchez e Sergio Bello. Na repesca conseguiron clasificarse para disputar a final, Pablo Sánchez e Álex Riveiro. Xa na final, proclamouse líder da proba Iván Ares. En segunda posición, Pablo Sanchez, e tras del, Juan M. González. Destacar aquí o incidende de Maikel Vilariño, que liderou a carreira durante todo momento e nun roce con Iván Ares acabou por colocarse en 7º posición.








Os nosos pilotos

Desta vez Jose Rega non puido disputar a proba por certas complicacións. Pero estamos seguros de que para Carballo volverá con máis forzas que nunca :)

Daniel Señarís: O piloto do VW Golf rematou os entrenos en 20º posición cun tempo de 1:03.056. Na semifinal solo puido dar 4 voltas, xa que rompeu o motor. Vamos a ir encargando a vitrina, que logo de 30 carreiras de autocross e 1 resistencia de 3 horas e 15 minutos... ¡Merece ser recordado!
Moita sorte co próximo Dani, e esperemos que dure outro tanto.







Como sempre, deixóvos aquí uns vídeos da proba:
http://www.youtube.com/user/cordobaespor1#p/u/1/D-0qsxwrglM
http://www.youtube.com/user/cordobaespor1#p/u/2/Y3TYs5ZfEmg

Aquí deixamos esto, ata a próxima compañeiros.