domingo, 19 de diciembre de 2010

¡ATA A PRÓXIMA TEMPADA!

A piques de rematar este ano, tocaba facer unha despedida. Despedir un ano fatídico para o autocross, onde se impuxeron normas totalmente perxudiciais para os pilotos e que se negaron a modificar.

Quizáis por eso o Campeonato Galego este ano fose demasiado.. Triste, digamos. Con un número baixísimo de pilotos, o que supuxo para o público un ano de autocross sen a penas rivalidade.
Donde están aquelas carreiras con máis de 100 pilotos? Con un ambiente increíble, onde se respiraban ganas de correr, de pasalo ben, e de disfrutar dun bo día de carreiras, dende a mañán ata case chegada a noite. Parece ser que este ano ós membros da Federación non lles interesou volver a ver ese "espectáculo". Preferiron ser fieis ás súas ideas, que non solo perxudican á xente á que lle gusta correr, nin ós espectadores que esperan ansiosos todas esas xornadas de carreiras.
Senón que tamén os perxudicaron a eles, pois viuse perfectamente o complicado que lle resultou facer carreiras, con un número mínimo de pilotos.

Pero esperemos que para o ano que entra, poidamos volver a aquelas carreiras repletas de coches e de público. Ó parecer, decidíronse a ceder, e a quitar esas normas que nos afectaron a todos. Así que probablemente non tardemos en disfrutar do deporte que máis nos gusta.

E agora si, despedirnos de todos vós con un ATA PRONTO!
Un saúdo,

No hay comentarios:

Publicar un comentario