martes, 5 de abril de 2011
XXIII Autocross Santa Comba (2 de abril)
Pois parece que por fin, despois de tanto esperar, chegou a primeira carreira. E desta vez, o tempo portouse moi pero que moi ben (algo moi raro en Santa Comba). A pesar de que o número de inscritos non foi moi amplo, pois só atopamos a 18 participantes na categoría de -1600, a 16 na de +1600 e a 31 en kartcross, puidemos disfrutar dun moi bo día de carreiras, con moita emoción, rivalidade, algún que outro volco... Unha tarde de carreiras completa, sen dúbida. Vamos a facer un pequeno resumo de como transcurriu o día. -1600 Entrenos: Conseguiu a pole nesta categoría, con un tempo de 50.665, rebasando inclusive ó piloto que conseguiu facer o mellor tempo na categoría de +1600, a Alfonso Álvarez Rives "O Panas", concursando pola escudería Bergantiños Motor ó mando dun Peugeot 106. Ségueo moi de cerca, cun tempo de 50.846, Gabriel Serrano, o piloto da localidade Larachesa de San Román, ó mando tamén dun Peugeot 106. Hai que destacar o abandono do piloto Domingo González Prieto por causa dun volco na curva de despois da meta. 1 Alfonso Alvarez Rives 2 Gabriel Serrano Varela 3 Marcos Molinos Rguez. 4 Daniel Castro Iglesias 5 Alberto Varela Añón 6 Daniel Fdez. Pena 7 Alejandro Calviño Cerqueiro 8 Juan J. Fundin Ubeira 9 Celestino Iglesias Duarte 10 9 Iván García Covelo 11 Esteban Glez. Glez. 12 Victoria Pose Fraga 13 Jose Rega Lourido 14 Rubén Ordóñez Ousinde 15 Ricardo Noval Garael 16 Marcos Naya López 17 Roberto Suárez Fdez. Semifinais: Fixo uns tempos impresionantes o piloto da escudería Bergantiños Motor J. José fundín Urbeira, seguido por Gabriel Serrano. Desta vez, destacar un volco importante, de Alberto Varela, que logo de facer unha gran saída rodaba como terceiro clasificado na súa semifinal. 1 J. José Fundín Urbeira 2 Gabriel Serrano Varela 3 Daniel Castro Iglesias 4 Daniel Fdez. Pena 5 Daniel Gorín Lema 6 Marcos Molinos Rodríguez 7 Iván García Covelo 8 Victoria Pose Fraga 9 Celestino Iglesias Duarte 10 Jose Rega Loureiro 11 Alejandro Calviño Cerqueiro 12 Esteban Glez. Glez. 13 Marcos Naya Lopez 14 Ricardo Noval Final: Nunha final moi reñida vimos como consiguiu chegar ó máis alto Gabriel Serrano. Un piloto que sen lugar a dúbidas está a facerse con un gran currícum dentro do mundo automobilístico, pois no seu segundo ano correndo acaba de conseguir xa chegar ó máis alto do pódium. Ségueo moi de cerca o piloto de Cances Daniel Castro Iglesias, que fixo unha carreira excepcional ó mando do seu Peugeot 106. Debemos recalcar a presenza este ano de Rubén Ordóñez, un piloto que comezou esta tempada e que fixo unha boa carreira. 1 Gabriel Serrano Varela 2 Daniel Castro Iglesias 3 Juan J. Fundin Ubeira 4 Marcos Molinos Rguez. 5 Daniel Fdez. Pena 6 Daniel Gorin Lema 7 Celestino Iglesias Duarte 8 Iván García Covelo Siroco 9 Alejandro Calviño Cerqueiro 10 Jose Rega Lourido 11 Esteban Glez. Glez. 12 Alfonso Alvarez Rives 13 Victoria Pose Fraga 14 Rubén Ordóñez Ousinde 15 Ricardo Noval Garael 16 Marcos Naya López +1600 Entrenos: Deu a sorpresa no seu 205 o piloto da escudería Siroco Team Narón Jhon A. López Zorrozua. Seguiuno un piloto que dende fai xa varias tempadas está moi presente no mundo do autocross como é Luís Caridad Varela "Pipo", pilotando o seu Kadett. Moi de cerca Celestino Iglesias Cores e Carlos Morales, pilotando o seu Opel Corsa con unha preparación que está dando moito que falar esta tempada. 1 Jhon A. López Zorrozua 2 Luis Caridad Varela 3 Celestino Iglesias Cores 4 Carlos Morales Glez. 5 Jorge Gómez Cebey 6 Juan M. Lamas Bello 7 Daniel Señaris Añón 8 Manuel Caamaño Verdes 9 Mario Rios Sanchez 10 Borja Reimundez Vázquez 11 Miguel Cotelo Castro 12 Diego Mantiñan Varela 13 Araceli Freire Cedeira 14 Mariano Suárez Varela Semifinal: Volven a estar os catro pilotos destacados nos entrenos pelexando por un primeiro posto, que consegue finalmente Celestino Iglesias Cores. Séguenos o piloto de Carballo Manuel Caamaño Verdes, Jorge Gómez Cebey, e o piloto do equipo Daniel Señarís Añón, pilotando o seu mítico Volkswagen Golf. 1 Celestino Iglesias Cores 2 Jhon A. López Zorrozua 3 Luis Caridad Varela 4 Carlos Morales Glez. 5 Manuel Caamaño Verdes 6 Jorge Gómez Cebey 7 Daniel Señaris Añón 8 Juan M. Lamas Bello 9 Borja Reimundez Vázquez 10 Juan Guerra Castro 11 Diego Mantiñan Varela 12 Mario Rios Sanchez 13 Miguel Cotelo Castro 14 Araceli Freire Cedeira Final: Volven a competir outra vez na final polo primeiro posto Celestino e Jhon, pero acaba conseguindo o podium esta vez o piloto do 205. Outro volco lamentable ó igual que na categoría de -1600, neste caso o protagonizado polo piloto Juan Lamas Bello, que cando corría entre os cinco primeiros vehículos, tivo este fatal desenlace. Destacar o merecido 5º posto que caeu en mans de Miguel Cotelo Castro, o piloto de Cances que un día máis volveu a mostrarnos un gran espectáculo en mans do seu Opel Corsa. 1 Jhon A. López Zorrozua 2 Celestino Iglesias Cores 3 Juan Guerra Castro 4 Luis Caridad Varela 5 Miguel Cotelo Castro 6 Mario Rios Sanchez 7 Borja Reimundez Vázquez 8 Araceli Freire Cedeira 9 Diego Mantiñan Varela 10 Juan M. Lamas Bello Kartcross Entrenos: Lideraba nesta categoría cun tempo de 44.436 segundos o piloto Pablo Sanchez Villaverde, seguido de Joaquín chamorro (44.847) e de Edu Mosquera (45.194) 1 Pablo Sanchez Villaverde 2 Joaquín Chamorro Amil 3 Eduardo Mosquera Brandariz 4 Iván Ares Roel 5 Sandra García Gambón 6 Juan M. Glez. Vega 7 José Novo Freire 8 Benjamin Tuñas Pena 9 Maikel Vilariño Vilas 10 Mauro M. Nunes e Reis Semifinais: 1 Iván Ares Roel 2 Eduardo Mosquera Brandariz 3 Joaquín Chamorro Amil 4 Maikel Vilariño Vilas 5 José Novo Freire Conseguían chegar á final mediante a repesca Juan Vilariño, pilotando un Yakartcross e Juan M. Glez. Vega con un Xtrem. Final: 1 Iván Ares Roel 2 Joaquín Chamorro Amil 3 Eduardo Mosquera Brandariz 4 José Novo Freire 5 Javier Paz Paz 6 Jose J. Couto Fidalgo 7 Juan M. Glez. Vega 8 Daniel Vilariño Pombo OS NOSOS PILOTOS: Daniel Señarís Añón Co seu Volkswagen Golf, conseguiu facer un 7º mellor tempo nos entrenos. Saiu nunha semifinal complicada, pois saían 16 coches, e chegou a poñerse 5º. Tras unha dura tanda, acabou esta en 7º posición. Foi na final cando, a menos de unha volta de rematar e ocupando un 8º posto, sufriu unha avaría no cambio que o deixou tirado e sen poder pasar por meta. Como non, desexarlle moita sorte para a próxima. Jose Rega Loureiro Pilotando un ano máis un Citröen AX, saiu nos entrenos e conseguiu acadar o 13º posto. Foi na semifinal, cando conseguiu facer unha manga excepcional e rematouna nun 3º posto. Isto fixo que acadara unha moi boa posición na saída da final, a cal rematou nun 10º posto. ¡Parabéns piloto! E agora si, despedirnos de todos vos ata a próxima carreira, que se non hai incidentes será o sábado 30 de abril no circuto Xosé Ramón Losada, en Arteixo. Saúdos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario