viernes, 13 de mayo de 2011

LXIV Autocross Arteixo (30 de abril de 2011)

Un pouco tarde desta vez, porque tivemos uns problemiñas con internet, e o blog tampouco funcionou como debería. Pois ben, disputamos a segunda proba do ano no circuito Xosé Ramón Losada, de Morás (Arteixo). Un moi bo día de carreiras, no que o tempo finalmente se porto, aínda que nun principio todo apostaba a que non ía ser así. Como nos pilla o tempo un pouco xustos, desta non vamos facer crónica. Déixovos aquí os tempos de cada categoria, na que desta vez os pilotos foron máis. Caras coñecidas como Uxío Gómez, Sergio Cancela, Manuel Cores, Miguel Pombo, Fran Costa... E outras caras novas como Adrián Aleja, Carlos Alexandre...
http://temposfga.eu/?url=static://9

Os nosos pilotos

Jose Rega:
Desta vez non contou con demasiada sorte. Conseguiu facer quedar en 22º posición nos entrenos, e na semifinal fixo un 8º posto. Esto non foi suficiente para chegar á final. ¡Moita sorte na próxima, campeón!

Daniel Señarís:
E por fin parece que o acompañou a sorte. Logrou facer a 19º posición nos entrenamentos, e na semifinal quedou nun 6º posto, polo que non puido entrar directo á final. Saiu na repesca dende a pole, e en todo momento permaneceu como líder, seguido por Borja Reimúndez. Na final, conseguiu rematar 9º, e foi descalificado por "adiantar en bandeira amarela", segundo os que estaban no bus. Unha acción que debería ser mirada máis detalladamente, xa que no momento da bandeira amarela xa rebasaba por máis da metade ó Opel Corsa. Sen máis, esperemos que en Vilaño poidas correr tanto, Dani.

As fotos desta vez non as subo, por tempo tamén. Déixovos aquí un vídeo, e pido disculpas de antemán por tan mala información desta proba. Pero onte mesmo botei o meu tempo preparándovos todo, e por uns problemas no blog fixo que se me borrara a publicación. Para Vilaño prometo esforzarme máis :)
http://www.youtube.com/watch?v=exdoJrIDLEE

¡Vémosnos amigos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario