viernes, 27 de mayo de 2011

XXV Autocross Vilaño, Laracha (14 de maio de 2011)

Por aquí volvemos outra vez para comentarvos parte do acontecido na carreira de Vilaño. Como sempre, vamos a facer un pequeno resumo por categorías, para intentar contarvos todo o mellor posible. ¡EMPECEMOS!

-1600
Nesta categoría contouse con 25 participante. Como sempre, a cousa estivo moi reñida tanto nos postos de adiante, como polo medio da táboa. Nos entrenos foi Oscar Bao o que acadou a pole, cun tempo de 58.293, e seguiuno moi de cerca, a unhas milésimas de diferencia, o piloto de Leiloio Daniel Gorín "Casilla". En terceiro lugar Alfonso Seco, un piloto que xa nos ten acostumados a permanecer nos primeiros postos este ano, e seguíndoos Alfonso Álvarez, Uxío Gómez, Gabriel Serrano, e Dany Castro.
Fixéronse dúas semifinais. Na semifinal A conseguiu o primeiro posto Alfonso Seco, cun tempo de 5.05; seguido por Uxío Gómez, Dany Castro, e Marcos Naya. Tiveron que abandonar nesta semifinal por diversos problemas, Celestino Iglesias Duarte, Marcos Molinos, e Adrián Aleja. Na semifinal B conseguiu a primeira posición, cun tempo de 5.08, Alfonso Álvarez "O Panas", seguido polo piloto de San Román Gabriel Galego, e por Daniel Gorín "Casilla". Abandonou neste caso o noso compañeiro Rubén Ordóñez, dende aquí ¡moita sorte para a próxima!
E xa chegamos á final, accidetada, na que levou un gran susto Casilla, tamén moito ánimo e moita sorte nas próximas. E tras moito rodar, moita emoción, o primeiro posto volviuno a conseguir Alfonso Seco, en mans do seu peugeot 106. En segunda posición quedou Gabriel Serrano, seguido de Alfonso Álvarez e Dany Castro.






+1600
Nesta categoría contouse con 26 participantes. Nos entrenamentos o primeiro e segundo posto conseguíronos Sergio Cancela e Manuel Caamaño, os dous pilotos de Carballo. En terceira posición quedou Juan Guerra, seguido de Celestino Iglesias e de Mariano Suárez. Ó igual que en -1600, tiveron que facerse dúas semifinais. Na semifinal A liderou dende o primeiro momento e con larga distancia, Sergio Cancela. Que sacou 4 segundos ó segundo clasificado, Juan Guerra, e máis de 6 ó terceiro clasificado Juan Lamas Bello "Juanillo". Abandonou nesta semifinal Mariano Suárez, Samuel Bermúdez, e David Rodríguez. Na semifinal B acadou a primeira posición Celestino Iglesias, a dous segundos deste quedou Manuel Caamaño, piloto de Carballo. E xa a 14 segundos Jhon López. Disputouse nesta categoría unha repesca, que conseguiu liderar en todo momento e con 8 segundos de ventaxa Manuel Cores Cores, piloto de Cances, seguido do de Coristanco, Mariano Suárez. Xa na final volveron a conseguir os primeiros postos Sergio Cancela, seguido de Manuel Caamaño. Nas seguintes posicións Celestino Iglesias, Juan Guerra, e Marcos Lista. Abandonos neste caso de Manuel Cores (Opel Corsa) e Luís Caridad (Opel Kadett).







Kartcross
Como sempre nesta categoría atopamos o número máximo de inscritos, neste caso con 36 participantes. Debemos destacar o fatal desenlace do piloto Alejandro Bermúdez, que tivo un accidente no que se viu afectado unha persoa do público. Ó parecer este tivo danos nunha perna e nas costelas. ¡Moito ánimo para os afectados e os familiares! Bueno, empecemos. Nos entrenos as primeiras posicións estiveron moi reñidas, con menos dun segundo de diferencia entre eles. Ocupou a pole Javier Paz, seguido de Iván Ares, Pablo Sánchez, Joaquín Chamorro e Edu Mosquera. Polo número elevado de participantes, houbo que facer tres semifinais. Na semifinal A os tres primeiros postos foron para Javier Paz, Juan Vilariño Pena, e Manuel Souto. Gran diferencia de tempo entre eles. Na semifinal B ocuparon estos postos Iván Ares, Juan M. González, Edu Mosquera. Abandono nesta semifinal de Pablo Comesaña. E xa na semifinal C os tres primeiros clasificados foron Pablo Sánchez, seguido de Sergio Bello e Santiago Ares. Non houbo neste caso, por sorte, ningún abandono. Na repesca conseguiron un posto para a final David Seoane e Sandra García. E xa por último, na final quedaron Edu Mosquera primeiro, seguido de Javier Paz e Pablo Sánchez.






OS NOSOS PILOTOS

Jose Rega:
Logrou facer nos entrenos o 16º posto, cun tempo de 1.05.121. Saiu na segunda semifinal, e quedou 6º, detrás de Santiago Saborido e diante de Victoria Pose. E por último na final, acabou en 10º posición pero sen lograr dar todas as voltas. Xa sabemos que para Arteixo non estarás, pero moita sorte na próxima socio!








Daniel Señarís: Desta vez a sorte non o acompañou. Fixo o posto 17 nos entrenos. Quedou de 7º na súa seminifinal, pasando así directo para a final. E cando levaba 4 voltas da final, e estaba en 7º posición moi pegado ó 6º, volcou na curva de despois da meta. Agora que volves a ter o coche listo, moita sorte para arteixo máquina!







E xa nos despedimos ata a próxima, deixamosvos aquí uns vídeos da carreira.
http://www.youtube.com/watch?v=ZnsSk2D0qUY
http://www.youtube.com/watch?v=gRecu3y-qcU

¡Ata a próxima amigos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario