viernes, 24 de junio de 2011

III Autocross Bergantiños (11.xuño.2011)

Moi boas de novo, amigos. Hoxe toca facer un breve resumo de como transcurriu a carreira de Carballo. Pese a algúns incidentes a primeira hora da mañá, e a ter que montar un coche boxes... Todo saíu ben, e deixamos máis que claro que temos un equipazo :)

Empecemos por categorías, como sempre.

-1600

Contouse tan só con 15 participantes. Estivo moi reñida a carreira en todo momento entre participantes como Angel Pérez, Alfonso Álvarez, Dany Castro, Marcos Molinos... E incluso houbo algún que outro volco de pilotos como Victoria Pose (Peugeot 106) e Jesús López (Citröen Visa). Problemas para Dany Castro nas semifinais, que non lle impediron alcanzar o pódium, que o completaron en primeira posición Ángel Pérez, seguido de Marcos Molinos, Alfonso Álvarez e Dany Castro.








+1600

Nesta categoría contouse con 15 participantes. Estivo marcada sempre polos mesmos pilotos en cabeza, pois tanto na semifinal como na final obtivéronse os 4 primeiros postos de maneira igual. Diferencia do primeiro e segundo clasificado (Manuel Caamaño e Marcos Lista) respecto ós seguintes (Mariano Suárez, Daniel Señarís e Rubén Bello). Acadaría a sexta posición o noso compañeiro e amigo, Miguel Cotelo logo de descalificar a Manuel Cores.







Kartcross

Foi esta, como sempre, a categoría con maior número de participantes. Neste caso, foron 24. Caras novas como Daniel Gorín, que deixou esta vez a categoría de -1600 para correr en mans dun kartcross. Unha categoría accidentada tamén, na que tivo que levou un forte golpe Javier Ramilo "Kobas". Finalmente, acadou a primeira posición Edu Mosquera, seguido de Javier Paz, Maikel Vilariño, Dani Vázquez e David Seoane.









OS NOSOS PILOTOS

Jose Rega:
Pese a que empezou a mañá con problemas, pois sufriu unha avería no Citröen AX, entre todos conseguimos poñerlle a punto o Citröen Saxo e puido saír tanto para a semifinal, como para a final. A pesar dos problemas e de todas as complicacións, foi unha imaxe para recordar, ver como máis de 10 persoas arredor do coche se organizaban para que puidera saír á pista. Nada socio, se salimos desta xa estamos preparado para todo :D E moita sorte para a próxima co teu querido AX jaja.







Daniel Señarís:
E por fin, despois de catro anos correndo, ¡SUBICHES Ó PÓDIUM! Parece que este ano a sorte empeza a sorrir de vez en cando :D Logramos nesta carreira un 6º posto nos entrenos, e 4º tanto na semifinal como na final. Moitas felicidades unha vez máis, e a seguir así CAMPEÓN.







E antes de deixar esto, como sempre, póñovos un enlace dun vídeo. Desta vez da cámara interior de Daniel Señarís "Danoni", durante os entrenamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=NbIxkvKkRWc

¡Ata a próxima amigos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario