martes, 19 de julio de 2011

VII Autocross O Castro (25 de xuño de 2011)

Pois cun pouco de retraso, aquí estamos de novo amigos.
Tocou desta vez carreira no Castro, Rianxo. Ata o último momento estivemos pendentes dos inscritos, xa que cabía a posibilidade de que non fosen suficientes. Pero finalmente, logrouse facer a carreira. Como sempre, vamos por categorías.

-1600
Na categoría pequena contouse con 8 participantes. Conseguiría a pole nos entrenos Domingo González, seguido de Marcos Molinos e Alberto Baamonde. Na semifinal, foi Marcos Molinos o que conseguiu a primeira posición, seguido de dous peugeot 106 pilotados, en segunda posición por Domingo González, e como terceiro clasificado Esteban González. E entre estos tres pilotos andaría a clasificación final. Conseguiu liderar esta proba Domingo González, seguido de Marcos Molinos e Esteban González. Abandono neste caso de Alberto Baamonde.







+1600
Foron 8 os participantes desta categoría. Conseguiu a pole nos entrenos o noso piloto Daniel Señarís Añón seguido de José I. Aleja e Miguel Cotelo, os dous pilotando un Opel Corsa. Na semifinal colocouse Danoni primeiro na saída, pero logo de romper o cambio acadou o primeiro posto José I. Aleja, seguido como nos entrenos por Miguel Cotelo, e por detrás Marcos Fernandes cun Golf II. Abandono neste caso de Alberto Rey (Seat Ibiza). E xa na final, sen chegar a participar Daniel Señarís, Alberto Rey, e Esteban Pérez, acadou un primeiro posto Marcos Fernández, seguido de Miguel Cotelo e de José I. Aleja, o cal foi penalizado por dar varios toques ó longo da carreira.







Kartcross
Como de costume, esta foi a categoría con maior número de participantes, aínda que neste caso só foron 13. Nos entrenos, a máis de 1 segundo de diferencia, conseguiría a pola Maikel Vilariño. O segundo posto sería para Jose Couto e en terceira posición David Seoane. Xa na semifinal, os tres primeiros postos repartiríanse entre Luís López, Maikel Vilariño, e Jose Couto. Abandono neste caso de Borja García. E por último, tras problemas para disputar a final para Maikel Vilariño, entre outros (que finalmente non puido saltar á pista), acadou a victoria neste Autocross O Castro Jose Couto. Tras el Luís López, e un posto máis atrás Miguel Concheiro.



OS NOSOS PILOTOS

Daniel Señarís
Esta vez só contamos coa participación de un dos nosos pilotos. E para seguir coa tradición, a sorte non o acompañou. Logo de conseguir a pole nos entrenamentos, con menos de 48 segundos na súa mellor volta, logrou poñerse primeiro na saída da semifinal. E cando faltaban un par de voltas para que sacaran a bandeira a cadros, xusto ó pasar por meta unha avería no cambio fai que teña que dicir adeus á carreira. Sen máis, voltamos a decir o de sempre: ¡ÁNIMO e SORTE nas próximas, Dani!










No hay comentarios:

Publicar un comentario