domingo, 24 de julio de 2011

INDIGNACIÓN.

É a única palabra que me sale despois do sucedido onte no circuito de Santiago. Ver como hai xente que se dedica, literalmente, a joder a outras. Esto foi o sucedido, unha vez máis, na final de +1600 onte, en Santiago.
Podemos apreciar no vídeo como o Jose I. Aleja Blanco abasalla ó piloto que leva diante, sen importarlle o daño e as consecuiencias, e moito menos, a persoa que vai dentro, É certo que o autocross polo xeral é un deporte moi seguro, no que raras veces sofres danos máis alá dos materiais. Pero con todo, non podemos tomar os circuitos como unha batalla campal, na que sólo pensemos en baixar o pedal do acelerador así sen máis, e chocar carreira tras carreira con varios coches, porque para eso, e máis ahora en verán, temos esos coches de coche que todos coñecemos e que hai en todas as festas.
Con todo esto, e pese a ver no vídeo que Aleja en ningún momento toca o pedal do freno, dende o momento no que choca con Michel, xa que dende que o colle polo costado e ata que este volca as únicas luces que vemos encendidas son as de polvo. ¿Que fai despois o do corsa gris? Vai a pedir perdón, inculpando, para xustificarse, a outro piloto. Si, é moi fácil pedir perdón cando o mal xa está feito. ¿Pero as horas de traballo que ten que realizar o de Cances agora no coche, compensaas un perdón? Por suposte que non. Se realmente tivera sentido o sucedido, habría tocado xa en principio o pedal de freno. E sobre todo, habría recapacitado xa na casa, e nestas últimas carreiras quizás tivese máis cuidado.
Recapitulemos:
-Autocross O Castro, 25 de xuño de 2011.
Na semifinal de +1600 o corsa de Aleja dá varios toques a Daniel Señarís. Chegados á final, máis od mismo. Esta vez non tiña ó golf negro, pero sí outros coches dos cales tomaron nota, a través de 6 partes, os bandeiras. Resultado: 5 segundos de penalización, que simplemente fan que este quede en 4º posición.
Parece que gestos como un adelantamento en bandeira amarela, ou abrir as portas no circuito unha vez sacada a bandeira a cadros, son moito máis importantes que o de ir a por varios coches, cando ningún de eles perxudica nin a carreira, nin sobre todo, a outras persoas.
-Autocross Vilaño, 2 de xullo de 2011:
Máis do mesmo. Ó longo da carreira puidemos apreciar varios toques de Aleja cara a outros pilotos.
-Autocross Xacobeo, 23 de xullo de 2011: Repetimos.
E con esto, ¿que se supón que hai que facer? Cando a persoa implicada neste asunto vai reclamar onte no circuito, os bandeiras din que "non viron nada". Igual deberían prestar máis atención ó que sucedía na pista, porque eso.. Ata o máis despistado sabría velo.
Con todo, estas palabras quedan en nada, e o único que hai agora mesmo é o traballo tanto para Michel como para Danoni. Pero cabe destacar, o bo e gran piloto que está feito Aleja, que carreira tras carreira vai facendo amigos...
Chegados a este punto, creo que non debemos dar máis protagonismo a el, e centrarnos los que de verdade importan:
DANI e MICHEL, moito ánimo :)




Enlace do vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=AIWgN7MAc7I

No hay comentarios:

Publicar un comentario