Voltamos por aquí. Esta vez toca falar sobre a proba disputada no Circuito Municipal de Carballo, en Bertoa, puntuable para o Campeonato de España de Autocross.
Posto que son moitas as categorías participantes, faremos un pequeno resumo de como acabou cada unha delas ;)
División II-A
Pole nos entrenos para o piloto das Illas Baleares, Jose Martorel en mans dun Citröen Ax. Seguiríano a menos de un segundo Arkaiz Uranga (Bizkaia) e Ángel Pérez Santos "Lanchiñas". Na primeira manga clasificatoria a rivalidade volvería a presentarse entre estos 3 pilotos. Pero neste caso conseguiría a victoria o coruñés Angel Pérez, seguido por Jose Martorll e por Arkaiz Uranga. A mellor volta nesta manga clasificatoria faríaa Martorell, cun tempo de 46.752. Volverían a ocupar de novo os 3 primeiros postos na segunda manga clasificatoria. Desta vez o segundo posto sería para Arkaiz Uranga, e tras del Martorell, seguido de Manuel Caamaño (Carballo) e de David Urbán (Burgos). E xa para rematar, a clasificación final sería: en primeira posición Ángel Pérez, seguido de Jose Martorell e David Urbán. En cuarta posición Manuel Caamaño, e xa para rematar o podium, Gabriel Serrano (os dous pilotos da zona).
División II
Contouse con 10 participantes nesta categoría. Xa nos entrenos, victoria de novo para o piloto de Xoane, Sergio Cancela. Con menos de un segundo de diferencia, situaríase en segunda posición Roberto Nieto (Renault Clio) e xa en terceiro lugar Pau Sampol (Honda Civic). Na primeira manga clasificatoria victoria de novo para Sergio Cancela. Xa o domingo, disputouse a segunda manga clasificatoria. Victoria, para non variar, de Sergio Cancela. Tras el, o actual campeón Joan Salich, e en terceira posición Pau Sampol. E logo de rematar as 9 voltas da final, acadouse a seguinte clasificación: primeira posición para Sergio Cancela, tras del Joan Salich, terceira posición para Pau Sampol, cuarto lugar para Javier Gómez Silva "Poti", e rematando o pódium Alberto Enriquez.
División I
Foron 8 os participantes na proba para esta categoría. Nos entrenamentos, os tres primeiros postos acadaríanos pilotos coruñeses. A primeira posición para Perfecto Calviño, tras el Amador Vidal, e en terceiro posto Santiago Ares. Na primeira manga clasificatoria, outra vez serían eles os que acadaron os primeiros postos. Esta vez a orde sería, Amador Vidal, Perfecto Calviño, e Santiago Ares. Xa na segunda manga clasificatoria, máis rivalidade. Sería líder esta vez Santiago Ares, seguido de LLorente, piloto de Burgos. E en terceiro posto Roberto Caride, piloto de Pontevedra. Pero volveron a sorprender na final no máis alto do pódium pilotos coruñeses, os tres de sempre: Amador Vidal, Perfecto Calviño e Santiago Ares. En cuarta posición Llorente (Burgos) seguido de Jose Pinedo (Álava).
División III
Foron 7 só, nesta categoria, os pilotos inscritos. Os tres primeiros postos nos entrenos serían para Carlos Villanueva, seguido de Carlos Hernando e de JC. Barredo. Na primeira manga clasificatoria, clasificáronse só 5 pilotos. Axier Guinea en primeira posición, seguido de Joseba Rivas e de Luís A. Muñoz. Na segunda manga primeiro clasificado tivemos a Joseba Rivas, seguido de Carlos Villanueva e de JC. Barredo. E xa por último, na final, quedaría así o pódium: Primeira posición para Axier Guinea (Burgos). Segundo clasificado Carlos Villanueva, e terceiro Carlos Hernando (Burgos). A cuarta e quinta posición sería para Joseba Rivas e Luís A. Muñoz respectivamente.
Kartcross
Como sempre, contouse cun elevado número de inscritos para esta categoría. O resultado final dos entrenamentos oficiales colocou como primeiro clasificado a JJ. Moll, seguido de Iván Ares e Maikel Vilariño, os dous pilotos coruñeses. Xa na primeira manga clasificatoria victoria de novo para JJ. Moll (Baleares), seguido de Edu Mosquera (Galicia) e de Joan Enric de Maria (Cataluña). Na segunda manga, os dous primeiros postos de novo para pilotos galegos. En primeira posición Joquín Chamorro, seguido de Edu Mosquera. E xa como terceiro clasificado Joan Enric de Maria. E logo de facer varias finais clasificatorias, na final A quedarían os seguintes postos: 1º clasificado Joan Enric de María, 2º clasificado Edu Mosquera, 3º clasificado Iago Caamaño, 4º clasificado Javier Paz e 5º clasificado José Miguel Pons.
OS NOSOS PILOTOS
Daniel Señarís
O que mal empeza, neste caso, ben acabou ;)
A pesar de que só disputou o sábado os entrenamentos libres (3 voltas) e os oficiais (3 voltas, posto que rompeu o embrague) o domingo logrou salir de novo. Na segunda manga clasificatoria acabou en 8º posición, diante de dous pilotos coruñeses, Mariano Suárez (Coristanco) e Mario Ríos (Sigüeiro). E pese a saír en última posición na final, posto que o feito de non poder participar na primeira manga clasifitoria supúxolle unha penalización, logrou acabar a final nun 7º posto. Por detrás pilotos como Francisco J. Crespi (Cataluña), Mario Ríos (Sigüeiro) e Roberto Nieto (Castilla León).
Noraboa polo resultado que acadaches a pesar de todos os traballos, e a seguir dándolle duro :)
E agora, despedímosnos ata a próxima, que será en Vilaño, na proba puntuable para o Campeonato Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario