miércoles, 20 de julio de 2011

XXVI Autocross Vilaño (9 de xullo de 2011)

Moi boas compañeiros.
Toca desta vez falar da proba disputada no circuito de Vilaño. Unha proba moi accidentada, e que finalizou con moitos coches dañados.

-1600
Contouse con 23 participantes. Consegiu a pole nos entrenos Alfonso Álvarez Rives, pilotando desta vez o 106 de Marcos Lista. Segundo quedaría, tamén pilotando un 106, o piloto de Cances Dany Castro. E xa en terceira posición remataría Gabriel Serrano (San Román). Debido ó número de participantes, disputáronse dúas semifinais. Na semifinal A acadaron os primeiros postos Alfonso Seco, Gabriel Serrano, e Daniel Gorín, os tres pilotando un PSA. Non saliría nesta semifinal Dani Fernández. Na semifinal B victoria para Oscar Bao, seguido de Domingo González e de Marcos Molinos. Non saliría neste caso Ernesto Blanco, e abandono por parte de Marcos Naya (Citröen AX). Tras debatir durante moito tempo se facer repesca ou non, e por falta de coches, non se disputou a mesma. Xa na final, volveron a acadar os primeiros postos os que así o fixeron ó longo da carreira. En primeira posición Oscar Bao, tras del Gabriel Serrano, terceira posición para Alfonso Seco, cuarto Daniel Gorín "Casilla" e xa cerrando o pódium Alfonso Álvarez.






+1600
25 participantes completaron a parrilla neste caso. Pole nos entrenos para Mariano Suárez, seguido de Juan Guerra e Sergio Cancela. Problemas para este na Semifinal A, que cando se encontraba en primeira posición sufriu unha rotura nun palier. Isto fixo que se colocara en cabeza Celestino Iglesias, perseguido por Mariano Suárez e Samuel Bermúdez. Na semifinal B foi Manuel Caamaño quen conseguiu o primeiro posto, quen rematou con 11 segundos de diferencia sobre Juan Guerra, e 26 sobre José I. Aleja. Problemas outra vez para realizar a repesca, posto que non se contaba con suficientes coches, polo que non se fixo. E xa na final, victoria para Celestino Iglesias, seguido de Manuel Caamaño, Juan Carlos Muíño, Adolfo Mancebo e Juan Lamas. Destacar o CARREIRÓN que fixo Adolfo Mancebo, que cando se encontraba en 3º posición sufriu un volco que non lle impediu seguir, perdendo só unha posición. ¡Un 10 por ese expectáculo!






Kartcross
25 participantes se reuniron en Vilaño. Os primeiros postos nos entrenamentos serían para Edu Mosquera, Javier Paz, e Pablo Sánchez. Na semifinal A, victoria tamén para Edu Mosquera, seguido de Pablo Sánchez e Manuel Souto. Abandono nesta de Luís Souto e Óscar Añón. Na segunda semifinal, ou semifinal B, victoria para o piloto de Razo, Maikel Vilariño, cunha diferencia de máis de 4 segundos sobre Juan M. González e David Seoane, segundo e terceiro clasificado respectivamente. Foi nesta na única categoría na que se puido facer repesca, na cal lograrían conseguir un posto na final Javier Ramilo "Kobas" e Dany Vázquez. E xa na final, completouse o pódium cos seguintes nomes: Edu Mosquera, Maikel Vilariño, Joaquín Chamorro, Juan M. González e David Seoane, segundo orde de clasificación.


OS NOSOS PILOTOS

Jose Rega
Mala sorte esta vez para el.Acabou os entrenos logrando o 17º posto, cun tempo de (1.06). Na semifinal, cando se encontraba en 7º posición, foi trompeado por outro piloto que fixo que finalizase 9º. Con todo xa preparado para saír a por todas na repesca, atópase con que, por falta de coches, non a van facer. Esperemos que para a próxima teñas toda a sorte que non tiveches nesta, e que vaias como sempre, ¡A POR TODAS!




Daniel Señarís
Seguimos coa mala racha... Nos entrenos conseguiu o 14º mellor tempo (1.03). Na semifinal, cando ía 7º atopouse sen frenos xusto na baixada tan sonada neste circuito. Como resultado...
http://www.youtube.com/watch?v=0zS6Fn2fX6c

http://www.youtube.com/watch?v=Du5Xi3RIbWg
Os videos son do golpe grabado dende fóra, e do golpe visto dende dentro, a través da cámara interior.
Cruzar os dedos, e esperar que para a próxima todo che salga ben piloto!

E con esto rematamos, ¡ata a seguinte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario